Bonito do Norte
Tamén denominado Atún Branco, o seu nome científico é THUNNUS ALALUNGA, pertence á familia dos túnidos e é o peixe de maior calidade da familia dos atúns. Durante o verán, acércase en grandes grupos ao Cantábrico onde se captura na chamada “costeira do bonito”. Caracterízase pola súa carne branca, un sabor exquisito e unha textura máis suave ca do resto da súa especie.

Atún Claro
O Atún Claro, tamén chamado Rabil ou Yellowfin. O seu nome científico é THUNNUS ALBACARES e é unha especie migratoria que se captura sobre todo en augas tropicais e ecuatoriais. Normalmente é o túnido máis pescado e por iso é, quizáis, o máis empregado en conserva. O Atún Claro é moi valorado polos consumidores, aínda que a súa carne, consistente e de cor máis rosácea, é menos delicada e non tan preciada coma a do Bonito.

Ventresca
A ventresca de atún ou de bonito é a parte máis tenra, máis nobre do animal. A súa graxa é de moi alto contido en omega 3 e, polo tanto, moi saudable.