Tosta de ventresca con pemento de piquillo

Dificultade
Baixa
Tempo
20 min
Comensais
2

Ingredientes

  • 2 latas de ventresca de ORBE
  • 100 gr. de pementos de piquillo
  • 40 gr. de caldo de peixe
  • Pan artesán

Elaboración

Cortamos o pan en cadrados ou anacos pequenos, abrimos as latas de ventresca e reservamos. Trituramos o caldo de peixe previamente elaborado con cabezas e espiñas de peixe sobrante e o mesturamos cos pementos de piquillo ata obter unha salsa consistente.

Empratado

Nun prato poñemos os anacos de pan previamente cortados e colocamos enriba de cada un deles unha lámina de ventresca e un pouco de salsa de pementos de piquillo.