A nosa conserveira comeza a súa andaina con Daniel Vicente Álvarez ao frente fai 80 anos nunha pequena fábrica de salgadura sita no corazón pesqueiro da cidade de Vigo. En 1941 constitúese ORBE como fábrica de conservas de peixes e mariscos e desde aquela ata a actualidade, seguimos fabricando as nosas conservas coidando ao máximo a calidade e o proceso artesanal.

Ao longo de todos estes anos fumos testemuñas de moitos procesos innovadores no sector conserveiro como o pácking crudo ou a maquinaria de envasado do atún que impulsou as grandes producións. Pola nosa parte aportamos unha pequena innovación como foi a incorporación das chaves para abrir as latas cun slogan que dicía “bo proveito”.