Berberechos en ceviche suave
Dificultade
Baixa
Baixa
Tempo
20 min
20 min
Comensais
2
2
Ingredientes
- 2 latas de berberechos ORBE
- 2 limas
- 2 limóns
- ½ dente de allo
- 5 gr. de xenxibre
- 10 gr. de cilantro
- 100 ml. de caldo de peixe
Elaboración
Abrimos as latas de berberechos e reservamos. Mesturamos ben o zume dos limóns e as limas e engadimos o ½ dente de allo ben picado, o xenxibre e o cliantro. Mesturamos ben e engadimos o caldo de peixe que preparamos previamente con restos de espiñas e cabezas de peixe. Unha vez que todo isto estea ben mesturado, engadimos os berberchos.
Empratado
Nun recipiente poñemos o ceviche preparado e incluímos os berberechos. Deixamos reposar uns 10 minutos na neveira e servimos.