El director general de ORBE asegura en la TVG que la subida de la luz es inasumible para las empresas

Durante os últimos meses unha empresa conserveira de Ponte Caldelas , Conservas Orbe, viu incrementadas as facturas ata nun 55 por cento, en total pagará pola electricidade 150.000 euros máis ao ano. Unha situación inasumible que fai máis difícil competir no mercado.

A súa actividade non lles permite amoldarse ás horas en que a tarifa é mais barata, polo que xa pensan noutras fórmulas para paliar a escalada do prezo da electricidade.

De manterse esta situación, o sector conserveiro teme unha repercusión no prezo final dos produtos.

A situación preocupa tamén a industria naval e a automoción cun alto consumo enerxético nos seus procesos produtivos e que xa está a sufrir as consecuencias da alza nos prezos.

A suba da luz é un factor máis que vén complicar a recuperación económica de pemes e grandes empresas.

http://www.crtvg.es/informativos/o-prezo-da-luz-lastra-a-competitividade-das-empresas-5337950